¿Pero como é posible chegar tarde a todas partes?
¿Pódese ser absolutamente impuntual?
Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría deixar de selo. Pero non pode. Máis quixera. Pero por moito que o intenta, o reloxo, e a súa tiranía, deciden por el. Así que o tempo se converte non nunha cousa relativa, senón nunha cousa absolutamente atafegante. [Presentación editorial]