Unha tarde... se cadra unha mañá... Alicia deixou de ser a que era e volveuse outra. Ou ao mellor sempre houbo dúas Alicias. O Coello Branco, o Rato, a Eiruga Azul, a Cociñeira, a Duquesa, o Gato de Cheshire, a Lebre, o Grifo, a Tartaruga Artificial e, por suposto, a Raíña de Corazóns, comparten co Sombreireiro a súa tolemía, o seu enfado co tempo, son personaxes sen pasado nin futuro, viven no presente desa Alicia vólvese espectadora e intérprete dese xogo entre o seu presente, o seu pasado e o seu futuro. [Contracapa do libro]