O Dicionario da Música Popular en Galicia xorde froito de varias casualidades: a curiosidade da autora, a oportunidade de encauzala como Proxecto Fin de Carreira e o entusiasmo do Director deste Proxecto (Gonzalo Navaza). As í se redactou este ompendio de termos que ten o obxectivo de permiti-la catalogación terminolóxica dun campo pouco estudado, e de paso facilita-lo achegamento ó tema a quen o desexe e idealmente suscitar o interese de quen nunca pensou que a tradición musical galega fora tan rica e atraínte.
Olga Camafeita Longa naceu en Santiago de Compostela e é licenciada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi precisamente durante os seus estudos que entrou en contacto coa música tradicional e popular galega da man de grupos folclóricos vigueses como Xalgarete e O Fiadeiro, o que fixo espertar o seu interese e conciencia sobre a recuperación das tradicións do noso país. [Contracapa do libro]