A voz da auga é, pola propia vontade da autora, o seu derradeiro poemario, e vén completar unha singradura poética comezada moitos anos atrás. A madurez da verba lírica de María do Carme Kruckenberg alcanza o seu punto álxido nesta obra, onde paixón e razón pasean da man por tódalas etapas do ciclo vital. [Presentación editorial]