Para o autor non se trata de saber se os libros nos fan libres ou se, pola contra, son unha condena, o importante son as historias que, sen estar contadas neles, os libros nos obrigan a vivir.
Os protagonistas dos catro relatos de Os libros prestados non son os libros, senón os lectores. O que agochan as vidas dos que len. A historia dun catedrático de literatura que sobreviviu a unha matanza misteriosa na Segunda Guerra Mundial ou a dun guionista dominado pola obsesión de devolver personalmente aos seus donos todos os libros que algún día lle prestaron. [Presentación editorial]