En "Non queres que o poema te coñeza"-gañador do II Premio de Poesía CAIXANOVA 2003- triunfa a vida. Se os poemas son ríos, aquí flúe un moi manso, quizais o vello Hudson ao seu paso por Brooklyn. O río non está limpo, e vai cantando ata chegar ao salto no que rompe e xa non hai "ela" nin hai "el", porque só canta o vento. "Non queres que o poema te coñeza" é unha cám,ara escura, un lugar no que o arco da vella, de tanto virar, quedou sen cores, e ás veces sen palabras. A contención é infrecuente en María do Cebreiro e un non pode deixar de preguntarse qué a levou a conterse. Paréceme que este libro agocha algún segredo. Que nel quedou un verso por dicir. E ese verso, tal vez, é o único que importa. [contracapa do libro]