Puntuación: 2.0/5 (84 votos)
As linguas con toda a súa riqueza, pluralidade e matices deberían servir para comunicarnos, expresar quen somos e o que sentimos. Porén, en España e noutros países, véñense usando como causa de conflito. O discurso lingüístico nacionalista español adoita asumir unha actitude pseudocientífica que utilixa para xustificar e lexitimar situacións de desigualdade política e cultural procedentes dunha visión etnocentrista.
Baseándose nos textos, este libro realiza unha crítica exhaustiva do nacionalismo lingüístico dende a propia lingüística, co propósito de desenmascarar o uso interesado de termos e conceptos propios das ciencias da linguaxe.
Juan Carlos Moreno Cabrera (Madrid, 1956) é catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid, autor de varios libros sobre a diversidade lingüística e publicou un cento de artigos nos que trata, sobre todo, da clasificación, situación e desaparición das linguas do mundo.
[Contracapa do libro]