Érase unha vez un home que tiña un burro. Durante moitos anos o animal levou a carga ao muíño mais agora, vello e canso, xa non tiña forzas para ese traballo. Así que o home, para aforrar uns poucos cartos, non lle volveu dar comida. O burro, diante deste negro panorama, decidiu escapar a Bremen para facerse músico da rúa.
Un burro, un can, un gato e un galo son os protagonistas deste relato dos irmáns Grimm que anima a non decaer malia as dificultades, porque sempre haberá oportunidades para saír adiante. [Presentación editorial]