DISTINCIÓN THE WHITE RAVENS 2009
Seleccionado pola JUNIOR LIBRARY GUILD
Idiomas dispoñibles: Castelán, Galego, Portugués
O beixe adormiñou na area de tanto que o arrolou a marea.
Jorge Luján repasa a gama cromática con pequenos poemas, asociando cada cor a elementos da natureza, emocións ou sensacións. Os suaves e fluidos versos sobre a azul expansión do ceo, o branco vestido da noite ou os froitos da laranxeira brilando como pequenos soles parecen lixeiros e fráxiles.
Así de delicadas, e cun gran poder suxestivo, son as ilustracións en acuarela de Piet Grobler. Colocados contra os fondos de cores fluintes e pintadas con pincel groso, poden atoparse filigranados animais, prantas e obxectos: pequenos paxaros e peixes, diminutas bolboretas, flores ou o remo dunha barca, parecen flotar nestas páxinas. Presentación editorial]