Puntuación: 2.1/5 (57 votos)
En 1787, ao mando do capitán William Bligh, a fragata Bounty parte cara a Tahití. O Almirantado británico encargáralle recoller árbores do pan para transplantalas nas colonias do Caribe. Tratábase de conseguir un produto económico para alimentar os escravos das illas que recollían cana de azucre.
Bligh era un experto en navegar polo Pacífico; xa o fixera ás ordes do lendario capitán Cook. Como en todas as penosas travesías daquela época, a tripulación tiña por diante unha dura e longa viaxe.
John Jacob Turnstile, un adolescente de Portsmouth, está a piques de ser encarcerado cando lle ofrecen
unha última oportunidade para evitar a cadea: embarcar na Bounty como paxe do capitán Bligh. John
acepta a proposta sen dubidar e así sería como chega a converterse en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.
En
Motín na Bounty (2008), John Boyne achégase a un feito histórico xa narrado anteriormente e levado ao cine en tres ocasións, con actores de tanta sona como Clark Gable (1935), Marlon Brando (1962) e Mel Gibson (1987). Pero Boyne narra a viaxe da Bounty cunha ollada orixinal que invita á reflexión e nos presenta un complexo mundo dominado polo poder e pola ambición.
Nesta novela de aventuras, retrátase a disciplinada vida do mar e tamén se reflicte o caracter dos
personaxes, dende o capitán ata os oficiais e os mariñeiros. O dilema entre o ben e o mal, os arquetipos de heroe e vilán, a lealtade e a traizón, son algúns binomios que xorden neste libro. Situacións límite, valentía e actos de solidariedade son outros ingredientes desta historia tan emocionante.
Presentación editorial]