Puntuación: 2.0/5 (60 votos)
Editorial Trifolium, dentro da súa colección
Fume de leña, ven de sacar do prelo
Ante a Historia Compostelá, do historiador Claudio Sánchez Albornoz.
É autora da tradución ao galego Mª Fe González Fernández.
Sen a
Historia Compostelá -afirma Sánchez Albornoz-, tería quedado en tebras un dos períodos máis dramáticos da historia española, serían ignorados moitos personaxes que desempeñaron nela papeis máis ou menos importantes, terían escapado ao noso coñecemento diversas institucións e gran cantidade de sucesos sobre os que se achega plena luz e serían hoxe descoñecidas ducias de textos históricos de maior interese. Tales méritos, que non alcanza ningunha outra fonte latina peninsular na Idade Media -segundo o insigne historiador-, compensan os seus defectos. Entre eles, uns penden da singularidade dos seus autores e outros son comúns a todas as crónicas e historias de entón e aínda de sempre.
Os autores da
Historia Compostelá -engade o investigador-, tiñan unha curiosidade múltiple e un prurito grande de exactitude. Aquela levounos a dispersar a súa atención en abano cara a multitude de cuestións e de personaxes diferentes, e este moveunos a explotar intensamente o arquivo da igrexa de Santiago. Consecuencia da súa curiosidade e da súa atención foi o desfilar polas páxinas da
Historia Compostelá de todas as figuras dalgún relevo da época, por pequeño que fose o seu papel na traxicomedia da Historia. Faino tamén o relatar de moitos sucesos, mesmo dalgúns insignificantes, ocorridos durante o período que historiaban. E foino, por último, a referencia ocasional ás moi variadas institucións eclesiásticas, sociais, económicas ou políticas que dalgún xeito tiñeron contacto cos personaxes da crónica ou que nalgún momento pudieron interesar á narración dos cronistas.
E resultado do prurito de exactitude dos autores foi copiar, con gran frecuencia, ducias e ducias de documentos de índole clerical ou civil: cartas, mensaxes, bulas, diplomas, ordenanzas etc., que, perdidos no correr do tempo e nos desastres dos arquitos de Santiago, fan da
Historia Compostela unha verdadeira colección diplomática de valor inapreciable.
[Presentación editorial]