A obra relata a historia do cabalo Bullacán, o cabalo ceibe. Xunto coa súa inseparable compañeira, a égua Albea, e os seus compañeiros, tentarán devolverlle á raza dos cabalos a dignidade que en tempos tivo. Para iso emprenderán unha loita contra os ferros e as marcas de propiedade. En diante, o único que lles poderán tocar as crines serán tan só as anainas do vento. A partir dos 12 anos. [presentación editorial]