Puntuación: 2.2/5 (36 votos)
Hai moito, moito tempo, nun prado da montaña,
vivía unha vella cigarra. Chamábase Catarina
e era moi charlatana. Todos os días, sen falta,
contaba aos seus veciños historias antigas que
a ela, cando era pequena, contáralle a súa avoa,
Unha vez, Catarina contoulle á veciñanza
a historia da xoaniña.
“As historias da avoa Catarina” é un conto sobre a pacífica vida da natureza e dos insectos, entre os que destaca unha cigarra. Esta charlatana empedernida introduce á súa vez outros tres relatos
sobre unha xoaniña, unha bolboreta e un patilongo que acaba converténdose en saltón. As narracións da protagonista cativan os habitantes do bosque, como tamén os lectores deste libro, que recrea o acto da transmisión oral da cultura.
Esta é a terceira colaboración de Iñaki Zubeldia con Estibalitz Jalón, autor e ilustradora doutros tres álbums anteriores. Neste caso, Estibalitz Jalón baseouse nas súas lembranzas da nenez e na
súa vila natal de Iekora para representar o bosque e o personaxe da cigarra, inspirado na figura da súa avoa. A súa técnica artística abarca acuarelas, gouaches ou pinturas de madeira, café, té ou lixivia, e métodos dixitais para o acabado final. O xurado da III Beca Etxepare, formado por Aitziber Alonso, Patxi Zubizarreta, Arrate Egaña e Mikel Valverde, destacou no só os “debuxos doces que recrean unha atmosfera moi especial”, senón tamén a calidade do texto, “unha fábula poética moi suxerente e con algo de intriga”.
[Presentación editorial]