Velaquí un libro que produce asombro. Asombro polo que conta e polo xeito asombroso en que o fai.
Neste libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne e Swift, de Lewis Carroll, Kafka ou Beckett, ou das lendas tradicionais galegas e europeas das covas e dos mouros, en Covalladas, Xurxo Borrazás achega unha historia que salta por riba das palabras, un humor que xoga a dotarse de sentido sen caer na trampa de reducilo todo ao sentido. [Presentación editorial]