Escrito nos anos trinta do século pasado e publicado orixinalmente en The Political Quarterly, en Inglaterra, e en The Atlantic Monthly, en Norteamérica, no ensaio Eloxio da ociosidade Bertrand Russell, un dos pensadores máis lucidos do século XX, considera esencial aproveitar os avances tecnolóxicos para a mellora da calidade de vida, á vez que denuncia a irresponsabilidade da sociedade moderna.
O tempo libre é vital para a civilización, apunta o eximio pensador británico, lembrando que en épocas pasadas só o traballo dos máis facía posible o tempo libre dos menos. Pero o traballo era valioso –remarca-, non porque o traballo en si fora bo, senón porque o ocio é bo. E coa técnica moderna –escribiu hai xa case oitenta anos- sería posible distribuír xustamente o ocio, sen menoscabo para a civilización. [Presentación editorial]