Lois Tobío Fernández (Viveiro 1906 - Madrid 2003).
A andaina vital deste diplomático e intelectual galego abrangue todo o século vinte. Nesta biografía, "Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo", deseñada de forma áxil e chea de interese por Xulio Ríos, atopamos datos moi interesantes. Por unha banda, a ampla formación que recibiu do seu pai, un home ligado á Institución Libre de Enseñanza e á Real Academia Galega, por outra, o autor afonda no traballo de Lois Tobío a prol de Galicia e dos galegos, dous substantivos que sempre estiveron presentes na súa vida e que definiron a súa personalidade. Hábil diplomático e admirador do conde de Gondomar, tivo que padecer, que boa parte da intelectualidade daqueles anos, a represión da Guerra Civil aínda que nin siquera o conflicto impediu que seguira traballando por Galicia a través do Seminario de Estudos Galegos, no Consello de Galiza ou mesmo no anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia. Como a el mesmo lle gustaba dicir, Lois Tobío era un galego de lei. [presentación editorial]