Puntuación: 2.0/5 (51 votos)
O ano 1900 Aa imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada
memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez
A vola ao mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a Phileas Fogg, Rogelio Borondo partira canda dous amigos cara a Francia, Suíza e Italia nunha viaxe que se fixara na mesma véspera da súa saída, tal e como se declara no prólogo.
Rogelio Borondo (1864-1935) foi un betanceiro emprendedor que emigrou Á Arxentina a finais do século XIX. Alí, ademais de facer unha fortuna que lle permitiu vivir de rendas ó seu regreso, coñeceu os irmáns García Naveira, betanceiros de prol ós que se debe o Parque do Pasatempo. Con eles compartiría o narrador e protagonista deste libro a súa
Víaxe improvisada. Grazas a esta amizade entre os Naveira e Borondo, este converteríase no primeiro tesoureiro do Padroado que agrupaba os bens dos benefactores betanceiros na emigración.
[Presentación editorial]