Puntuación: 1.8/5 (74 votos)
“Milu” relata as vivencias dunha nena en apuros.
Cando o seu pai deixa de cantarlle cancións e a súa
nai deixa de ter expectativas, unha pequena
televisión convértese na súa única compaña. Milu é
a voz de moitos nenos e nenas que padecen
situacións de desvantaxe social e non poden gozar
do seu dereito a vivir en familia. Pero a súa historialémbranos que hai lugar para a esperanza.
Este ‘libro solidario’ doa o 10% das súas vendas á
Fundación Meniños, promotora desta edición, para
que os nenos e nenas que o precisen poidan ter un
futuro mellor. Meniños é unha entidade de acción
social sen ánimo de lucro que traballa a prol do
benestar da infancia e da adolescencia. A través de
programas de intervención social, trata de impulsar
unha cultura do bo trato á mocidade, fomentando o
seu protagonismo e a súa participación como
suxeitos activos de dereitos.
Manuel Rivas, que lle cede os seus dereitos de
autor desta obra á Fundación Meniños, crea un
relato tenro e sensible que reflicte a indefensión
de Milu ante os problemas dos seus pais. Pero
malia a tristura, tamén plasma as ilusións da nena
e a súa idea da felicidade: “...Ver rir á xente que
queres”. As ilustracións coloristas de Aitana
Carrasco -que colabora coa Fundación Meniños
cedéndolle a imaxe da protagonista- mesturan
estampados, texturas e gravados antigos, creando
ambientes realistas con elementos oníricos.
[Presentación editorial]