É este A belcebú un tratado científico de escarnio e maldicir, escalpelo humorístico que disecciona as trampas dos poderes oficiais, unha intervención cirúrxica a corazón aberto onde operan a
un tempo o bisturí da ironía e a dinamita do sarcasmo.
E o Abelcebú unha enciclopedia dos saberes do Demo, unha lupa grotesca que nos desvela as vergoñas do mundo, e lle dá a volta ás nosas crenzas e prexuízos como a calcetíns que se botan ao cesto da
roupa suxa.
É o Abelcebú un cuspe de pallaso, un carrusel conceptual onde o escritor fai burla do universo, e de si mesmo, sempre na procura dun sorriso oblicuo, fracturado entre o lirismo e a amargura.
Abelcebú: un peido diabólico na parte traseira do sistema literario. [contracapa do libro]