Dúas parellas en desencontro viven deixándose ir. E a vida, coma se xogase, fai que se encontren nun escenario natural de montañas coma paredes que os obriga a meterse dentro.
A moita distancia e por riba deles, un narrador cólleos como personaxes e conta en tempo real os cambios que van sufrindo e a necesidade que se lles vai creando de tomar decisións e deixar de ser autómatas. Para que o amor funcione é necesario sentir que hai algo real fora do eu. E aínda que pareza obvio, non é propio da vida actual. A natureza, funciona coma un espello non corrompido que lles axuda a verse. Un relato intenso para reflexionar sobre o amor no noso tempo. [Presentación editorial]