Poemas zurrichados, zarrapicados polo papel para que ningún galego naza sen lingua, para cantar o pai que foi libre na terra labrada, para ceibar todo o que non pode vivir escravizado, bombardeado ou violado: o idioma, pero tamén as denosiñas, o amor, o mar batendo na praia.
Cunha ironía que xa é marca da casa, o autor que enviou a súa liñaxe a bordo dunha balsa estelar en Cerdedo in the Voyager I volve dirixir a punta do seus versos cara á moral dos opresores e contra os que trafican co opio da relixión. Máis que queixarse, este novo libro de Calros Solla protesta, xura e resiste. A súa rebelión palia a fame e quítalles as armas das mans aos nenos para pór nelas unha boa cunha de colacao. [Presentación editorial]