Un conxunto de relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a
complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade.
[presentación editorial]