Unha novela de iniciación arredor da morte ou unhas memorias de futuro...Hai que ir morrendo ofrece momentos de achegamento ou mesmo comuñón co inevitable instante do acabamento, pero faino desde unha perspectiva baseada no humor, desde o canto e a celebración da vida ata os últimos momentos. En cada capítulo, a vida e a morte comparten protagonismo co sorriso.