Puntuación: 2.0/5 (93 votos)
O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con
Irispaxaros / Ara Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista
Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal.
O aforismo é unha iluminación. Un pequeno cruxol. Un bisturí verbal. Unha vaga secreción dese licor descoñecido que a todos, maxicamente, nos vai caendo da maleta do destino ou da mesa braseiro da vida.
Como é posíbel que, nun tempo tan vertixinoso como o presente, non estea máis difundido un xénero tan áxil, que aspira á expresión das cousas dunha maneira sintética e rápida?
Goethe comentaba:
"Qué froito, o máis pequeno espazo
se é coidado con tacto."
E Lao Tsé:
"Intenta o difícil no fácil. Realiza o grande no miúdo."
Porque talvez todo o que é exacto é curto. Como o soño do aforismo. Ou o da vida.
[Presentación editorial]