Puntuación: 1.8/5 (70 votos)
O libro “Os imposibles no xardín” recolle os traballos de poesía e narrativa curta premiados na edición de 2003 dos Premios Literarios Minerva, que o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago ven organizando desde o ano 1963 para os alumnos de Ensinanzas Medias de Galicia.
A edición das obras premiadas vense facendo desde o ano 1991 e envíase a todas as bibliotecas dos centros educativos, mais desde o ano 2003, grazas a un acordo de distribución coa Editorial Galaxia, está tamén a disposición de todo o público nas librarías.
Nesta trixésimo primeira edición fixéronse cos premios na modalidade de poesía, tres premios e tres accésits por este orde, Lidia López Teijeiro, coa obra que dá título ao volume, María López Jiménez, Alexandra Eiras Rodríguez, Lorena Abuín Lorenzo, Diego Jesús García Campos e Fátima Peón Torres. Os tres premios de narración curta foron para o mesmo Diego Jesús García Campos, premiado polo relato “Trinta anos sen Ducados”, Inma García Fernández e para a Lidia López Teijeiro, gañadora na modalidade de poesía.
Outros galardoados deste certame desde os anos 60 foron Lois Diéguez, Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana, Manuel Guede, Suso de Toro, Olga Novo e Xavier Queipo, entre outros moitos que a día de hoxe seguen o camiño da creación literaria.