Un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent, e a da poboación enteira dese soporífero planeta chamado Terra, ía cambiar de xeito inexorable e repentino. Só Arthur e o seu particular amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician unha estraña aventura no espazo na compaña de suxerentes personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide, un insólito presidente da Galaxia, un motor de probabilidade infinita, un sorprendente libro que recolle o saber intergaláctico e que advirte na súa cuberta QUE NON CUNDA O PÁNICO, un peixe babel causante dos máis catastróficos equívocos espaciais ou unha indispensable toalla. [Presentación editorial]