Moitos países americanos acolleron o exilio galego tras a derrota da Guerra do 36. Venezuela recibiu coas mans abertas desde 1939 centos de homes e mulleres que se beneficiaron da solidariedade dun país onde mantiveron acesa a lembranza da terra e a loita polo traballo e a liberdade.
O libro inclúe un CD de audio realizado en colaboración co Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia con diferentes intervencións en actos políticos e culturais do exilio galego, vasco, catalán e republicano español en Venezuela, e a lectura radiofónica do primeiro lance da obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao, a cargo de voces da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Caracas, transmitida polo programa Ecos de Galicia o 10 de xaneiro. [Presentación editorial]/b>