Isto é o que se conta delas.
Elas viven no fondo.
No fondo do bosque,
da montaña,
do deserto,
do río. Este libro é un “canto ao feminino”, tal e como o definiu o xurado do II Premio Internacional
Compostela de Álbum Ilustrado, que o distinguiu
cunha mención especial. Trátase dun texto poético e
cheo de musicalidade, que se complementa cunha
linguaxe plástica limpa, clara e suxerente, de
ilustracións sereas e delicadas, con cores suaves;
imaxes de gran valor simbólico.
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do
noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione
como unha cadea sen interrupción, por iso o seu
obxectivo é xerar vida... “Elas” é unha proposta
delicada, en forma de poema, que nos remite aos
esenciais Catro Elementos e á presencia constante e
telúrica delas, as mulleres. [Presentación editorial]