Velaquí un percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega.
Achegamento científico á figura de Prisciliano, este libro aborda a súa relevancia para a cultura galega, sobre todo desde o século XIX ata os nosos días.
Neste libro imos "reencontrármonos con nós mesmos, isto é, coa historia que nos fixo e da que vimos". Coa súa lectura "achamos resposta a varias interrogantes que outros textos anteriores sobre Prisciliano nos suscitaron. Para ese camiño cóntase aquí cun magnífico guía, perito en moitos camiños e autor de moitas páxinas documentadas sobre a historia particular do cristianismo galego". (Do "Adro" de Mª Pilar García Negro) [Presentación editorial]