Edición bilingüe galego-castelán, con fotografías de Tino Viz.
“Este é o libro do home que se emociona cando descobre que os devanceiros saíron de Rus, entre Vivente de Ardaña e a Terra das Cereixas, no val do trigo e as fervenzas. E quere volver. Cre que debe volver.
Este é o libro dun crente condenado.
Aquí comeza non unha arqueoloxía do saber, senón unha xenealoxía do sentir." [Fragmento da introdución por Xurxo Borrazás]