Editorial Trifolium, dentro da súa colección Contextos, ven de sacar do prelo a tradución ao galego de Don Ramón María del Valle -Inclán, biografía da que é autor Ramón Gómez de la Serna.
Supon esta biografía a guía íntima da vida e os segredos persoais da alma de Don Ramón Máría del Valle-Inclán. Gómez de la Serna chegou nesta obra ao logro dramático e expresivo do cadro dunha vida difícil e máxica, facendo que don Ramón Máría del Valle-Inclán pouse, como nun filme, gallardo e apostólico, revelando toda a súa vida por orde de andanzas, éxtases e calvarios. Presentación editorial]