Puntuación: 1.9/5 (62 votos)
Editorial Trifolium, dentro da súa colección
Contextos, ven de sacar do prelo a tradución ao galego do texto
Emilia Pardo Bazán, do que é autor Ramón Gómez de la Serna.
En
Nuevos Retratos Contemporáneos, o autor, Ramón Gómez de la Serna, mesturou escritores de distinta escola e diverso xorne non para impor unha orde, senón coa idea que se vexa o que foi a distinta graduación da vida fronte a quen asistiu máis como espectador que coma crítico.
Emilia Pardo Bazán é un dos retratos que aparece no tomo referido, pequenas biografías onde hai, e así o reflicte Gómez de la Serna, afecto e amizade a partir do verídico, pracenteiro e dramático que é o vivir literario. Intérprete do humano, Pardo Bazán permaneceu longos anos dedicada á icómoda tarefa de escribir, fixos os ollos no espazo baleiro, onde é tan dificil que abrolle a imaxe ou a idea. Justamente por iso, constata Gómez de la Serna, ben merece unha especial tenrura.
[Presentación editorial]