2 mentes 1 pulso describe a obra plástica “Exequias”, de Carlos Maño e Enrique X. Macías Alonso, integrada por un total de 27 monotipos realizados durante os anos 1993-1995, en papel Super Alfa Guarro Marfil de 250 gr, en follas de 100 x 70 cm e montados en marcos de teca, formato caixa, neles establécese un diálogo entre ambos autores. Intégranse nunha soa obra técnicas tan dispares coma o gravado en augaforte, collage de fotocopias, anotacións, correccións, creación de pegadas naturais a través de marcas de auga, superposición de pranchas…
O libro contén textos de Concha Fontenla, Carlos L. Bernárdez, Ana Braga e Carlos Maño, e fotos de María Justel Nandín e o propio Carlos Maño. 2 mentes 1 pulso é a última obra da colección “Arte” da Editorial da Deputación, dedicada ás monografías dos artistas galegos dende 1991. [presentación editorial]