Primeira publicación que a institución académica compostelá edita dentro dos actos conmemorativos do Ano Darwin 2009. Nunha edición a cargo do catedrático Francisco Díaz-Fierros, esta obra recolle as achegas dunha ducia de especialistas de diferentes áreas para, tal e como sinala o profesor Díaz-Fierros, “contribuír a profundar no coñecemento que a obra de Darwin e os seus defensores tivo na historia do pensamento galego”. [Presentación editorial]