Vinte cantigas de escarnio e maldicir xorde coa vocación de ser unha ponte entre as nosas raíces medievais e a fala de hoxe, aínda viva e gozando de boa saúde despois de múltiples vicisitudes, entre a rexouba libre de censura e o amor esperanzado. Contal motivo ofrecemos cantigas de Alfonso X, Pero García Burgales, Fernando esquío, Johan Airas de Santiago, Johan García de Guilhade, Pero da Ponte, Afonso López de Baian, Airas Perez Vuitoron, Estevan da Guarda, Johan Soarez Coelho e Martín Soarez, todas elas acompañadas de notas e un comentario. A versión ao galego actual que de cada unha delas realizou Bernardino Graña e o breve aparato crítico pretenden achegar ao público o cñecemento e comprensión do tesouro dos nosos cancioneiros. [Contracapa do libro]