Klásicos conta a historia dun grupo de homes novos que gozan dunha vida regalada. Un deles, Horacio, vai casar coa filla dun rico industrial. O escenario complícase polo homicidio involuntario que comete Horacio cando intenta bicar a asistenta, unha muller que sempre lle recordou a Marilyn. A partir de aí sucédense estraños acontecementos que colocan o protagonista nun vieiro sen parente retorno. Klásicos é un thriller psicolóxico con altas doses de retranca e crítica social. mantén a intriga sobre o que está a suceder ata o desenlace final namentres describe, e faino mordazmente, as clases altas e as segundas xeracións das familias dirixentes. [Contracapa do libro]