Mira que mira mirando,
atopei un becho estraño,
coa feitura dun ovo:
gordo arriba, abaixo fraco.
Tiña por riba dous pés,
entre os pés un longo rabo...
Libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados “contos sen fin”. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas, que se mantén ao longo de todo o relato. Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo “xogo” que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasándo as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto.... [Presentación editorial]