Editorial Galaxia publica un novo título na súa colección Árbore. Olga e o dinosauro,
de Breogán Riveiro, ilustrada por Andrés Meixide. Unha aposta literaria para quen gosta das lecturas dinosáuricas e divertidas.
Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, habías asustarte seguro. Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descobrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente. [Presentación editorial]