Celso Veiga, que rexe unha fonda en reigada, decide que o máis novo dos seus fillos sexa pianista de sona internacional e o vingue de todas as ofensas recibidas. Mario Luís, o "neno prodixio" revive nun cuarto parisino a infancia inconsciente dese rapaz tiranizado e manipulado polo seu pai, e por isto, sinuoso e rebelde, nunha Galicia dos anos corenta preñada de sensualidade e violencias familiares, encuberta pola néboa das lembranzas.
Ramón Chao ofrece unha grande novela de aprendizaxe na atmosfera da primeira década da ditadura, a incrible e luminosa construción da figura dun pater familias, un persoanxe literario inesquecible. A novela galega dun dos escritores galegos máis internacionais. [presentación editorial]