Puntuación: 1.7/5 (37 votos)
XXV Premio de Poesía Cidade de Ourense
En poucos anos poden pasar moitas cousas. Desde
As metamorfoses do túnel (obra posterior a
Zen inversos), percorrín algún páramo, namoreime, escribín novos libros, trabei novas amizades, a miña nai enfermou, fóronseme algúns amigos (Anxo A. Rei Ballesteros, Ramiro Fonte), morreu Suso Jares e nada puido seguir igual. Mais tamén coñecín Australia, pisei o ollo de pedra do mundo e fiquei fascinado por ese país infinito. De entre toda esa amálgama de sentimentos agolpados nun breve lapso de tempo, tratei de recuperar o verán da miña infancia, o territorio da miña máis absoluta felicidadc. Por un lado, Carvalleda, a Laxa e Veronza, onde o po dos camiños acendía o meu peito, bailaba nas verbenas, accedía ao delirio. Por outro, Vigo, que para mis era milla altura azulada, un caír sobre o mar. Xogaba no areal, durmía nas alfombras, vivía plenamente a total liberdade. De todo isto mana a fatigosa alegría de escribir este libro. Con todo, por Bologna e Küln, pola herba errante e a nenez máxica de Yasujiro Ozu, pola casa da música, pola baía de Sidney, polas rúas salgadas de Lisboa e os seus patios dourados, polo inmortal olor da flor da laranxeira, polo cheiro bíblico a churrasco, polas noites e os días en común ardimento, por todo o que vivín e vivirei contigo, dedícoche, Veli, este poemario.
[Palabras Iniciais, do libro]