Non tiña amigos na escola, nin falta que me facían. A min reinábame máis andar só. Sentaba nun banco e miraba como xogaban os outros e pensaba que
parecían parvos. Á hora do xantar achegóuseme
un día un rapaz novo. Levaba bombachos, era birollo
e tiña os pés para dentro. Non me gustou, non tiña
boa pinta. Sentou no banco a son de min...
“Pan con xamón” é un relato autobiográfico no que Charles Bukowski narra, da man do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a mocidade. A obra transcorre na cidade norteamericana de Los Angeles durante os anos da Gran Depresión. O mozo Henry amosa a sordidez na que malviven as clases máis baixas, desocupadas e abafadas pola crise económica. Un mundo atroz, personificado na brutalidade do pai, na submisión
da nai, no sadismo dos nenos… Un mundo no que hai moi poucas posibilidades de fuga.
Bukoswki, xa na súa madurez, botaría man da memoria para crear “Pan con xamón”, unha das súas
mellores novelas. Escrita cun estilo directo e descarnado, é quen de provocar o sorriso e a emoción, ao tempo que denuncia o soño americano anterior á Segunda Guerra Mundial. A novela publicouse por primeira vez en 1982 nos EEUU e foi traducida a máis de cen idiomas. [Presentación editorial]