Puntuación: 2.2/5 (49 votos)
Cantos pelos ten un home no seu corpo? E unha muller? E un neno?
Podemos aprender mentres durmimos? As galiñas teñen dentes?
Canto cuesta transformar o chumbo en ouro?
“Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches” responde a máis de 100 preguntas inéditas, pero sempre a serio e con bo humor.
Un descubrimento orixinal do universo, dos homes, da natureza e dos animais, do inmenso ao minúsculo. Unha nova ocasión para poñer a proba os pais, os profes, e os compañeiros.
Despois da súa exitosa primeira parte, “Todas as respostas” segue saciando a curiosidade dos lectores máis inquedos, interesados no que, como, cando, onde e porqué do que nos rodea. Esta nova entrega aborda oito grandes áreas nas que se ofrecen solucións ás preguntas máis inesperadas. Mantén a súa presentación, a modo de caderno, e a súa estrutura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta se engade unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.
A existencia ou non de seres extraterrestres, as etapas polas que atravesou a vida no noso planeta ou cal é o fósil vivinte pertencente ao reino vexetal son algunhas das cuestións que se expoñen nos apartados sobre o Universo, a Terra ou as prantas. A identidade do ser que representa
o 80% da masa total dos animais terrestres, as diferenzas entre animais de sangue quente e fría, ou as habilidades lingüísticas do hombre de Cromañón son preguntas referidas á evolución humana e aos seres vertebrados, tanto grandes como de pequeno tamaño. Tamén se pode aprender sobre reciclaxe ou formulación química nas seccións de ecoloxía e de misterios científicos.
[Presentación editorial]