Puntuación: 2.0/5 (41 votos)
Trala publicación de
A aurora boreal e
O coitelo sutil, este derradeiro volume da triloxía
”A materia escura” transcorre entre o noso propio universo e outros moitos. A primeira parte estaba ambientada na época vitoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e das crenzas. A seguinte aventura transcorría no mundo actual coñecido. Nesta terceira entrega, Lyra e Will irán atopando todas as respostas aos enigmas que os envolven, e descubrirán por que foron eles os elixidos para desvelar o gran segredo. Despois da gran guerra terán que afrontar o seu propio destino.
...Máis espías, aliados, inimigos e criaturas fascinantes. Novas viaxes cheas de perigos e arriscadas misións de rescate. A ciencia e a conciencia. A divinidade. Vida e morte. Amores imposibles. Mundos que se separan. Todos estes ingredientes, e máis, manteñen e mesmo incrementan o nivel de intriga nunha lectura apaixoante. Os 38 capítulos deste libro van encabezados por citas de autores e obras senlleiras, o que Ile confire un maior calado intelectual.
Persiste a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno a conceptos filosóficos, a curiosidade científica e as dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío. Philip Pullman tece, nesta saga, unha emocionante rede de historias que se mesturan no tempo e no espazo con dinamismo e orixinalidade argumenta I.
Grazas á mestría do seu creador,
”A materia escura” converteuse nunha obra de referencia en todo o mundo e recibiu numerosas distincións.
O coitelo sutil levou o Parent´s Choice Gold Book Award, o premio da Asociación de Bibliotecarios Americanos ao Mellor Libro Xuvenil e o premio Tublisher´s Weekly Best Book of the Year. Esta terceira parte foi galardoada co Whitbread Book of the Year 2001. A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros.
[Presentación editorial]