Puntuación: 2.3/5 (42 votos)
Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.
Os Megatoxos descubrirán que as redes dos misteriosos Templarios da Luz esténdesde a todos os niveis e que, para a súa desgraza, están máis ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar.
Uns descubrimentos que realizarán no pasado, no medio da Revolución Industrial en París, a cidade das luces. Alí terán que facer fronte a unha decisión na que, nun lado da balanza estará un ser querido e no outro, unha cidade enteira. Elixan o que elixan, o futuro non volverá a se o mesmo.
[Presentación editorial]