Puntuación: 2.1/5 (63 votos)
No Ano Cabanillas, co gallo do 50 aniversario do pasamento deste autor senlleiro, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e FAKTORÍA K DE LIBROS fanlle unha homenaxe especial ao "Poeta da Raza".
Xornalista crítico, funcionario municipal, cantor nostálxico das paisaxes nativas, autor de versos galeguistas e combativos, académico da lingua, admirador dos artistas galegos do seu tempo... Na faceta literaria, Ramón Cabanillas foi o continuador
do Rexurdimento, o enlace con Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pombal, o renovador da poesía galega: o ciclo artúrico, a etnografía, o amor. Débeselle especialmente a promoción do uso da lingua en todos os ámbitos da vida cotiá.
Un libro de poemas e imaxes para ler e admirar pausadamente; reflexionando sobre cada idea, saboreando as súas cores. Pousado sobre un atril, as súas páxinas desprenderán un halo de misterio que inundará o espírito do lector.
[presentación editorial]