O xurado valorou cómo Cuarto Minguante nos descobre, verso a verso, a dor dunha nai frustrada pola morte prematura do seu fillo, a quen invoca e recorda durante todo o poemario con altura poética e sinceridade. A poeta vai espindo a súa alma e compartindo as súas arelas con ese estilo de poesía introspectiva que é de sempre pero tamén imperecedoira, utilizando imaxes connotativas ás veces atrevidas e sempre suxestivas, que consegue engaiolar o lector e facelo partícipe dos seus máis íntimos sentimentos. O libro ten algúns momentos de clímax nos que a emotividade se apodera do lector. [fragmento da resolución]