Puntuación: 2.2/5 (50 votos)
II Certame de Poesía Victoriano Taibo.
O xurado valorou en
Biografía da Multitude a vontade crítica ao sistema e a de construción estrutural unitaria vertebrada a través dos poemas da "perversidade dos cíclopes", símbolo do sistema unifocal que quere uniformizarnos; dános así unha visión deste presente que é, en realidade, un abismo que separa o pasado do futuro. É unha biografía para nós, entendéndonos como parte desa multitude, unha biografía para nos falar da fame dos pobos, das nais que vemos pasar, morrer anto nós, dunha xeración que "amenceu mutilada", mutilada en canto á capacidade de recoñecemento deste mundo atroz, mutilada en canto á capacidade de reacción.
Biografía da Multitude procura a nosa reflexión, procura que espertemos e sexamos conscientes de que nós tamén somos parte desa multitude, unha multitude que migra na procura dun presente mellor. Tal vez por iso a derradeira palabra do libro sexa "lembra", porque o acto de lembrar, a memoria, é unha das ferramentas que temos para vencer o futuro.
[Fragmento da resolución]