Puntuación: 1.9/5 (54 votos)
Con esta edición dos Contos completos, de Edgar Allan Poe, o lector galego vai ter acceso ao conxunto dunha obra que é unha destemida e fascinante indagación nos misterios do mundo. O hipnótico poder de atracción das súas historias e unha concepción da literatura que xoga coas convencións para as superar fan de Poe un deses escritores lendarios que sobardadan os límites do universo literario.
Poe escribiu contos coma "Os crimes da rúa Morgue", precursor do xénero policial, e "A caída da casa Usher", obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna; a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que son tratados, empregando unha linguaxe que renova a narración tradiciónal, vai deixar unha fonda pegada en todas as literaturas do mundo e supón un punto de inflexión inescusable na concepción da narrativa como xénero literario. A obra de Poe é un dos símbolos culturais que sinalan o abrollar da sociedade moderna, a sociedade das grandes cidades e da industrializacion. Como autor, Poe exerce e exerceu unha indubidable influencia na cultura do século XX, mesmo na cultura popular e, singularmente, no cinema.
[Presentación editorial]