Puntuación: 2.0/5 (80 votos)
Gran parte da historia ancestral da aldea ourensá de Campobecerros (Campos, Cambalán. ..) quedou mergullada hai agora vintecinco
anos baixo as augas do encoro das Portas. As feridas sociais, culturais e económicas foron ostensibles e aínda hoxe son detectables,
porque co mellor da súa pradaría desapareceron tamén os xeitos de
vida tradicionais e un bo anaco da súa cultura centenaria.
Pero aínda nos queda o arrecendo do rio Camba, do parque natural do Invernadeiro ou do Alto de Pena Nofre, e as pegadas que
deixaron os peregrinos da Ruta da Prata, e máis tarde os segadores
galegos que ían a Castela. E tamén o arrecendo da suor que deixaron
as mans dos labregos, gandeiros, carboeiros, plantadores de piñeiros,
traballadores da vía e os emigrantes que desfilaron pola historia de
Campos durante os últimos mil anos.
E non queremos perdelos nunca máis, porque é o único que nos
queda.
Por eso os miramos hoxe con nostalxia, e tal vez cun pouso de
ira (e perdón por eso ), dende ese primeiro escenario que viron os
meus ollos de neno, chamado Penaboa, que dorme placidamente á
beira do turbillón invernal do Camba.
Pero moitas cousas desapareceron, engulidas nas augas neste
cuarto de século.
Para sempre. Por eso, estas Elexías do Camba.(Premio Cidade de Ourense de Poesía no ano 2001).
[nota do autor]