Puntuación: 1.6/5 (57 votos)
“Mago Goma” é un conto rimado que describe, por dentro e por fóra, a este divertido personaxe,
entrañable e excéntrico á vez. Un mago que, malia
que pareza algo tolo, en realidade está de volta do
mundo. O único que lle preocupa é facer felices aos
nenos e nenas, porque só así é feliz el. E porque, coa súa maxia, Mago Goma pode facer realidade os soños dos lectores e transportalos a un mundo onírico, onde todo é posible.
Toño Núñez presenta este conxunto de estrofas de
catro versos octosílabos e rima asonante. Coplas de
humor para primeiros lectores sobre un mago moi
especial, cuxo nome é un palíndromo, que tanto se le
do dereito como do revés.
Ao plasmar visualmente este poema, Adrià Fruitós
crea insólitas imaxes e sorprendentes mesturas de
cores. Combinando debuxos e elementos figurativos,
resulta unha composición dixital de gran calidade
técnica, con suaves texturas, moita carga simbólica e un traballado dinamismo en cada páxina.
[Presentación editorial]